You are using an outdated browser. Please
upgrade your browser to improve your experience.
prográmame-UDIS
prográmame-UDIS
Se eres un docente que xa utiliza de Prográmame-UDIS de recursoseducativos.net, agora poderás ter acceso en todo modo momento ó que alí prepares e planifiques para a túa práctica docente na aula.*** Agora inlcúe tamén a opción de usar a INTELIXENCIA ARTIFICIAL de openAI (chatGPT) na creación de UDIS ****Nota: O apartado axenda de anotacións é compatible con Apple Pencil, para as a notacións manuscritas.Desde a APP de prográmame-UDIS poderás:- Navegar entre os diferentes cartafoles que teñas creados na aplicación online, tanto propios como compartidos, dentro das 4 etapas educativas que contempla.- Visualizar os elementos das diferentes UDIs-UDs que teñas creadas en cada cartafol.- Levar á práctica as semanas do teu diario de clase, xa que poderás ver o que tes planificado para cada sesión. O apartado correspondente situarase automáticamente no día actual da última semana creada.- Poderás aprazar aquelas sesións que non teñas tempo de levar a cabo na aula, e quedará automáticamente gardada nunha nova semana oculta dispoñible desde a aplicación online, para poder engadilos nas seguinte semana.- Podes facer o seguimento dos teus grupos de alumnos: controlar e xestionar as faltas do alumnado, escribir anécdotas e anotacións das reunións coas familias, todo esto directamente desde a App. - Poderás ver a evolución das faltas de asistencia do alumnado, sincronizadas, co calendario de aula online dispoñible na web. Podendo tamén modificalos e engadilos directamente desde a App..- Poderás completar as diferentes probas que teñas no caderno docente, para cada alumno e facer seguimento das UDIS co alumnado.- Poderás xerar algúns documentos en pdf.- Cambia a fotografía de cada alumno usando a cámara do dispositivo ou unha imaxe da galería.- Xera en pdf o perfil de área, competencial, táboas para a programación en currículo de cada cartafol.- Le os códigos QR dos teus alumnos/as (xerados en recursoseducativos.net) para acceder directamente ás súas fichas.- Usar unha pequena axenda de anotacións que (compatible con apple pencil nos ipad compatibles). Esta axenda inclúe o calendario escolar de Galicia para cada curso. - Poderás engadir citas, incluíndo avisos como notificacións co tempo de antelación que sinales.Desde o Apple watch podes visualizar e levar a cabo accións rápidas relacionadas coa app: facer unha anotación no anecdotario ou reunión dictándollo, anotar as faltas do alumnado ou aprazar exercicios da semana que se estea a visualizar directamente desde o Apple Watch. No caso das semanas do diario de clase do Apple Watch, podes optar por ver a elexida no iphone ou activar a opción automática, que permite amosar aquela que se corresponda coa data asociada á mesma.Desde a versión para Carplay podes: ver o teu centro, os teus favoritos e os centros próximos á túa ubicación actual. Xestiónao desde a opción "buscador de centros" do menú máis da APP no iphone.Lembra que para empregar esta aplicación precisas ter un usuario e contrasinal (rexistro gratuito) na web www.recursoseducativos.net.Manual de axuda e descobre a APP:https://www.recursoseducativos.net/software/online/programame_udis/manuais/manuais.php
Features